Pratos combinados


Pratos combinados foi unha serie de televisión emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
Estreouse o 1 de decembro de 1995 e tivo un gran éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións a dura competencia de teleseries españolas como Aquí no hay quien viva ou Los Serrano.
A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron guionistas como Rosa Castro, Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Xavier Manteiga, Roberto G. Méndez, Miguel Anxo Murado, Jacobo Paz, Cándido Pazó, David Planell ou Paula de Sáa.

Argumento

Miro Pereira coa súa dona Balbina e demais familia -retornados da emigración- rexentan un típico bar galego, o Suízo, por onde pasan personaxes cómicos coma o vividor Antón ou o repartidor Paspallás.
Miro, o protagonista, xunto co seu cuñado Antón, sempre andan a argallar para poder obter cartos ou irse de festa. Para isto, non dubidan en enganar aos seus amigos ou contar coa axuda de Roi e Paula, os fillos do avogado Barreiro.

Actores Principales

  • Ramiro "Miro" Pereira Ríos (Ernesto Chao). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón... aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopia de xamón (iso si, fotocopias de cor) e outras 'especialidades culinarias'. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca... e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresíons habituais, a máis popular é: "¡Me cagho no mundo!".
    • Primeira aparición: Episodio 1 "Unha intelixencia natural" (1995)
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Balbina Santos (Mabel Rivera). É a muller de Miro, con quen ten dous fillos: Rosalía e Migueliño. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu home e, sobre todo, do seu irmán Antón. Farta da vida que levaba, marcha para Baiona a montar un negocio de hostelería para iates xunto coa súa filla, deixándolle a súa parte do bar á súa prima Olimpia.
    • Primeira aparición: Episodio 1 (1995).
    • Última aparición:
  • Antón Santos (Antonio Durán "Morris"). É o irmán de Balbina. É un egoísta e avarento empregado da Caixa de Aforros (despois chamada Banco Moderno Universal), que sempre pensa en zafarse do traballo e en comer e tomar cervexas de balde no bar da súa irmá. Contínuamente argalla plans xunto co seu cuñado, aínda que saiba que este non é moi listo, para ir de caza, gañar cartos ou traballar aínda menos do pouco que traballa. É bastante mullereiro, pero para el importan máis os cartos e a comida, tendo unha especial predilección polas nécoras. Ten amigos dos que se hai que fiar tan pouco ou menos ca del mesmo.
    • Primeira aparición: (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).


Y de paso os pongo uno de los capitulos de "pratos combinados"



En galego por que me gusta

0 comentarios:

Publicar un comentario